Servizo Galego de Igualdade
Qué é o Servizo Galego de Igualdade ?
O Servizo Galego de Igualdade é un organismo autónomo adscrito á Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, creado por Lei 3/1991, de 14 de xaneiro, e o seu obxectivo é promove-la igualdade de dereitos e a non discriminación entre homes e mulleres, a participación e integración da muller na vida social, cultural, económica e política de Galicia.
¿Qué funcións tén asignadas o S.G.I.?
Na Lei de creación atribúenselle ás seguintes funcións:
- Estudia-la situación das mulleres galegas.
- Realiza-lo seguimento da lexislación naqueles aspectos que afecten ó principio de igualdade.
- Exixi-lo cumprimento da Lei de condicións laborais no relativo á igualdade.
- Coordina-las actividades que desenvolva a Xunta de Galicia en temas que afecten ás mulleres.
- Promover, coordinar e avaliar medidas e programas de igualdade de oportunidades desenvolvidos por diputacións e concellos.
- Cooperar con entidades que contribúan á consegui-la igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
- Elabora-lo informe de actuación e programas para fomenta-lo emprego e a formación profesional das mulleres.
- Incentiva-la participación das mulleres na vida política, económica, cultural, educativa e laboral.
- Velar polo cumprimento dos convenios e tratados internacionais
- Denuncia-los casos de agresión e discriminación sexual
- Posibilita-la atención á muller en situación de especial necesidade.
¿Cómo está organizado?
O Servizo Galego de Igualdade tén como órganos superiores ó Consello e a Dirección.
A presidencia do Consello Corresponde á Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e a vicepresidencia á directora xeral do Servizo Galego de Igualdade.
Nas vocalías do Consello están representadas tódalas Consellerías da Xunta e 5 persoas de recoñecido prestixio nos campos de ciencias sociais, económicas e xurídicas, designadas polo Consello da Xunta.
¿Qué actividades realiza?
1.- Elaboración de medidas de acción positiva
- Elabora, difunde e impulsa os planos para a igualdade de oportunidades das mulleres
2.- Promoción do Asociacionismo
- Informar e asesorara a Asociacións e persoas interesadas sobre actividades, recursos e servizos relacionado cas mulleres.
- Subvenciona anualmente actividades de Asociacións (convocatoria no DOG orde de promoción de actividades)
- Potencia o asociacionismo da muller e incentiva a relación con e entre as Asociacións existentes.
3.- Sensibilización
- Organiza compañas específicas para sensibiliza-la opinión pública sobre a situación das mulleres.
- Organiza xornadas, seminarios, conferencias para promove-la adopción de medidas políticas e administrativas dirixidas específicamente ás mulleres.
4.- Cooperación
- Asina convenios de colaboración con institucións e entidades públicas e privadas para realizar estudios, crear recursos e impulsar políticas específicas.
- Asesorar a institucións públicas e privadas para deseñar actividades destinadas ás mulleres.
- Coopera coas distintas consellerías da Xunta para incorporar o principio de igualdade nas políticas de cada departamento.
- Colabora cos organismos de igualdade autonómicos nacionais e internacionais para desenvolver programas de igualdade de oportunidades.
- Participa nos foros e congresos estatais e internacionais sobre temas relacionados coa igualdade de oportunidades.
5.- Estudios e Publicacións
- Elabora, edita e difunde publicacións destinadas a ofrecer un coñecemento da situación e problemática das mulleres.
- Convoca bolsas de investigación sobre temas relacionados cas mulleres.
- Establece convenios de colaboración para o desenvolvemento de estudios e investigacións sobre as mulleres.
- Publica Guías de Dereitos Básicos das Mulleres e de recursos dispoñibles na Comunidade Autónoma de Galicia.
6.- Comunicación
- Difunde nos medios de comunicación información sobre a situación e problemática social das mulleres.
- Realiza campañas a través dos medios de comunicación que contribúan á sensibilizar sobre a situación real e dereitos das mulleres.
- Impulsa a Comisión da Publicidade para denunciar e retira-la publicidade que discrimina ás mulleres.
7.- Educación
- Colabora nos premios para unha educación non sexista coa Consellería de Educación.
- Impulsa o funcionamento do Seminario Permanente de Coeducación.
- Participa nos foros para unha educación non sexista.
8.- Formación
- Organiza e colabora en cursos para a formación de profesionais que traballan con mulleres.
- Impulsa a incorporación nos cursos formativos de distintos niveis e sectores de módulos de igualdade de oportunidades.
- Convoca cursos de formación para mulleres en áreas formativas con posibilidades de incorporación laboral en Galicia (convocatoria anual no DOG).
9.- Emprego e creación de empresa
- Xestiona cursos de formación en xestión empresarial para mulleres.
- Crea centros e servizos de información e asesoramento laboral para as mulleres.
- Convoca a orde de estímulo para mulleres emprendedoras de Galicia a través da que se subvenciona a creación de empresa por parte de mulleres (convocatoria anual no DOG).
10.- Atención e información
Coordina e impulsa a RIAM, (Rede de información e atención á muller) constituida por:
- 900400273 - Teléfono da muller.
- Centro de Información e Asesoramento á Muller (A Coruña).
- Centros de Información á Muller.
- Casas de Acollida.
- Centros de día para prostitutas.
- Rede de mediadoras.
- Atención a anciáns.
- Atención a reclusas.
- Atención a adolescentes embarazadas.
- Atención a nais soas.
- Colabora cos servizos policiais de atención ás mulleres.
- Asistencia xurídica gratuita a mulleres.
- Asistencia psicolóxica a agresores.
11.- Documentación
Mantén abertos ó público 2 centros de documentación con servizo de préstamo bibliográfico e videográfico e búsqueda de bibliografía.
12.- Programas Europeos
Participa en proxectos europeos incluidos en:
- Iniciativa Equal.
- Interreg III.
- IV Programa Europeo de Acción Comunitario.
- Iniciativa Daphne.
- Proxecto piloto da Comisión Europea.
¿Onde está ubicado?
Praza de Europa, 15A - 1º
Polígono de Fontiñas
15781 - Santiago de Compostela
Tlf.: 981545366
Fax: 981545365
Correo electrónico: sgpihm@xunta.es
Página web: http://sgi.xunta.es
El URI para hacer TrackBack a esta entrada es: http://artabras.wordpress.com/2008/03/31/servizo-galego-de-igualdade/trackback/


